martes, 19 de noviembre de 2013

Vídeo que presentou o Concello de Cambados en Italia para defender a su candidatura a ser a capital europea do viño no ano 2014

As localidades compiten por atraer o turismo, as inversións e as exportacións. Cando se goza dunha reputación clara e positiva, como é o caso de Cambados no sector vitivinícola en España, o valor de marca abre as portas a novos proxectos.





Hoxe en día a localidade está considerada como un producto cunha marca. Debe ser un elemento atractivo en todos os sentidos: para os residentes é un lugar para vivir, para traballar, para o ocio e o entretemento; para os inversores é un lugar interesante onde invertir e situar as empresas e para os turistas e visitantes é un lugar de interés cultural, de entretemento, de negocios e de descanso.

As características da localidade mediante a marca e os seus símbolos son un instrumento para competir e diferenciarse de outras localidades. A marca é un activo intanxible que permite ós clientes manifestar as  súas preferencias. Polo tanto, o éxito da imaxe e da marca dunha localidade depende dunha axeitada comunicación dos atributos que posúe. A apropiada xestión da imaxe e da marca da localidade é indispensable para que sexa percibida como algo único, diferente e atractivo polos diferentes públicos obxetivo.


As cidades do viño
A Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN) está actualmente integrada por 800 cidades de nove países que teñen unha forte dependencia da vitivinicultura (Alemaña, Austria, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Hungría, Italia e Portugal).  A rede proclamou no ano 2012 o concurso anual da Cidade Europea do Viño, no marco das actividades de promoción e difusión do Enoturismo.

Alegría entre os xerezanos o pasado fin de semana cando coñeceron que a súa localidade foi elixida como “Cidade Europea do Viño para o próximo ano 2014”. Este recoñecemento é tanto para a cidade, como para a autonomía e para todo o país,  xa que servirá de promoción dos viños españoles en toda Europa.

No seguinte link está dispoñible o vídeo promocional da localidade elixida. Parabéns!!